A nosa entidade estará presente na feira Santiago en Vivo os días 7 e 8 de xuño cun stand propio na Alameda de Santiago de Compostela, onde compartiremos o noso traballo e ofreceremos actividades interactivas abertas á cidadanía.

Durante a fin de semana, todas as persoas que se acheguen poderán coñecer de preto os programas que desenvolvemos desde AGADEA no eido do Alzheimer, o envellecemento activo e a estimulación cognitiva. Ademais, haberá propostas participativas para todos os públicos e a posibilidade de probar as nosas gafas de realidade virtual, unha ferramenta innovadora que empregamos nos centros terapéuticos da entidade.

Esta participación forma parte do noso compromiso coa sensibilización social e coa divulgación de novas formas de acompañar e coidar ás persoas maiores.

🗓 Cando?

– Sábado 7 de xuño: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
– Domingo 8 de xuño: de 10:00 a 14:00

📍 Onde?

Na Alameda de Santiago de Compostela, dentro da programación de Santiago en Vivo: https://santiagoenvivo.com/eventos/ 

💬 Agardámoste con ilusión para compartir, aprender e vivir unha experiencia diferente e participativa.